Os meses de inverno “adormecen” a horta, pero son os indicados para reflexionar sobre a sementeira, a rotación de cultivos ou a integración de herbas aromáticas que beneficien aos cultivos, entre outras actividades.
Para fomentar o papel activo do alumnado no diseño do horto, podemos animalos a facer unha pequena investigación sobre o que vamos a cultivar:
-Consultando e elexindo os mellores cultivos para o inverno.
– Seleccionando as herbas aromáticas que beneficiarán a horta.
– Buscando información en libros e en Internet para elaborar o calendario de sementeira, aproveitando para introducir a folla de cálculo, a partir dos 11 anos.
– Investigar sobre a rotación de cultivos para incorporar os seus beneficios para facer un tratamento sostible da terra.
– Comezar a utilizar os invernadoiros de cara á primavera.
-…. e un sinfín de tarefas educativas que esperamos compartades no blog central do proxecto Voz Natura.