Quantcast
Channel: Blognatura » Sembra ideas, recolle futuro
Viewing all articles
Browse latest Browse all 27

Feliz 2015 ecolóxico

$
0
0

feliz2015Na volta das vacacións de Nadal, é habitual reflecionar nas aulas de Educación Ambiental sobre os propósitos ecolóxicos para o novo ano.

Reducir o consumo eléctrico, modificar hábitos de transporte, facer un uso máis eficiente dos recursos e , en xeral todo aquelo que teña que ver con Reducir, Reciclar, Reutilizar son as propostas nas que habitualmente incidimos para concienciar ao alumnado.

Para seguir “Sementando ideas” desde Blog Natura propomos a publicacións nos blogs de propostas  consensuadas cos alumnos enfocadas na  alimentación con productos ecolóxicos e locales.

Para ir quentando motores deixamos algunhas propostas:

- Recetario de cociña con menús ecolóxicos.

- Ungüentos naturais.

-Murais con pinturas naturais.

-Creación dun xardín vexetal.

– Recopilación de cantigas tradicionais.

-….

Animádevos a deixarnos as propostas nos comentarios de BlogNatura para poder compartilos!

 


Viewing all articles
Browse latest Browse all 27